Pecha Kucha Night

Mañá, venres 6 de novembro terá lugar no pub 14! da Coruña o evento Pecha Kucha Night.
Os ponentes deste primeiro evento serán:

Estudio Alavista! (intervencións gráficas)

Creus + Carrasco! (arquitectura)

Melky Chichery! (fotografía)

Desescribir! (deseño gráfico)

Silvia Esquío! (moda)

García + Somoza! (arquitectura)

Carlos Pita! (arquitectura)

David Rubín! (cómic e ilustración)

E de que vai isto? Todo comezou en Tokio no 2003... ata A Coruña, 2009. E despois Pontevedra, 11 de decembro.
Trátase dun evento que comezou fundamentalmente entre arquitectos e deseñadores, coma unha maneira rápida e sincrética de amosar os seus traballos, promovendo o diálogo en petit comité. Ensínanse 20 imaxes, cada unha amosada con libre comentario dos ponentes durante 20 segundos. É o formato 20x20.
Estas reunións fóronse facendo máis informais ata chegar a expandirse por todo o mundo ata un total de 230 cidades, todo un experimento creativo viral. Pódese facer un seguimento dos eventos na súa páxina web.

Vémonos e oímonos no 14!


0 comentarios:

Publicar un comentario