Radionovela de ADS: 1º capítulo

«Non se pode dar nome a todo o que sucede. A vida supera o noso vocabulario. Falta unha palabra e entón faise necesario contar unha historia.» Sabes que sempre me gustou John Berger. Nunca entenderei por qué a ti non. Pero o máis importante: nunca entenderei cómo a pesar desa diferencia obviamente insalvable che sigo levando o zume á cama tódolos domingos dende fai 2 meses. Espero che guste o libro. Quérote.

Sabela. Cans, 1999. A letra é miúda e femenina. Miúda tamén a edición do libro de bolsillo que apenas acaba de abrir, que revolve o fango do que xa pasou. Femenina a camiseta vermella que colga da porta dende hai máis dúas horas.

Suben as arcadas cando o olor a sexo recente inunda tódolos seus sentidos. Un vértigo repentino como unha traición. Cerra a portada e bota unha ollada ó seu arredor. A súa vista detense nun condón, que descansa sobre a mesa tímidamente cheo; e un vaso, que mide os centímetros que a súa alma aínda ten dispoñibles para remordementos.

Son as 9. Soa o teléfono. É domingo.



0 comentarios:

Publicar un comentario