Somos profesionais. Ou case. E como "case profesionais", o pasado xoves 11 de Novembro, Arquivos... despregou todos os seus medios máis cutres, pero únicos no mundo do periodismo, para conseguir en exclusiva unha entrevista a un dos grupos máis importantes do pop-rock portugués, CLÃ.

A banda presentou na Fnac a carta de presentación no noso país, Cintura, último traballo pulicado pola formación no 2007 en Portugal, onde xa é Disco de Ouro. Si, ademáis diso, podemos presumir de ter entrevistado a uns músicos que xa compartiron escenario con artistas como Björk ou Jamiroquai.

Dezasete anos xuntos e oito discos publicados. E belísimas cancións en portugués (exacto, en Portugal non só hai Fado). No noso próximo programa (5º) teredes a oportunidade de comprobar que todo isto é certo, escoitaredes a entrevista á fabulosa vocalista do grupo Manuela Azevedo e como somos boas e xenerosas deixarémosvos saborear algún dos temas do Cintura.





Para ir quecendo motores, aquí tedes probas do noso éxito, sabemos que non son grandes fotos, foron os nervios do momento, e ademáis somos CASE profesionais. Queridas e queridos oíntes/lectores, abride o voso universo musical, as nosas recomendacións nunca fallan...







0 comentarios:

Publicar un comentario